“A vendedora de mistos” de Andersen adquire unha dimensión especial nesta versión de Tomi Ungerer de 1974, que ben encaixa
na actualidade, evidenciando que as peores cualidades do xénero humano non foron senón a peor dende tempos antigos. Moi crítico coa sociedade, o autor retrata a agresividade, a cobiza, o elitismo, a supremacía do poder e os excesos do materialismo nun texto narrativo descritivo -quizais dos máis elaborados de Ungerer dende o punto de vista literario- e unhas ilustracións expresivas, ricas en detalles e colorido, combinando viñetas con recursos gráficos que acentúan o dinamismo do relato.